Boborás comeza as obras para a construción da piscina municipal

IES CHAMOSO LAMAS

Xa está colocado o cartel da Obra da Piscina Municipal de Boborás e en breve comezan as obras. O prazo de execución é de oito meses, polo que é posible que para este verán aínda non poida estar en uso, xa que se dilatou a contratación da obra. A Xunta de Galicia apoiou este proxecto, contando cun 70% da inversión por parte da administración autonómica do total de 330.000 euros, e o 30% restante que lle correspondía ó concello será asumido pola Deputación.

A alcaldesa de Boborás amosou a súa satisfacción por avanzar pouco a pouco con proxectos para o municipio. Deu as gracias tanto á conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, ó presidente da Deputación, Manuel Baltar e ó presidente da Xunta, destacando neste último caso que tanto este proxecto coma a contracción do novo centro de saúde foron algúns dos compromisos adquiridos con el que se están cumprindo.

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA