O Cine de Leiro proxecta esta fin de semana o filme “Competencia Oficial”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso, ofrecerá a estrea de “Competencia Oficial”. Na procura do prestixio social, un empresario multimillonario decide facer unha película que deixará pegada. Para iso contrata á famosa cineasta Lola Cuevas e dous coñecidos actores, donos dun enorme talento, pero cun ego aínda maior. A través dunha serie de probas cada vez máis excéntricas establecidas por Lola, Félix e Iván deben enfrontarse non só entre eles, senón tamén cos seus propios legados.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O filme poderase ver o venres, sábado e domingo, e o luns e xoves próximos, ás 17:00 horas e ás 20:00 horas.