A Volta a Galicia O Gran Camiño disputa a súa etapa raíña en Ourense, “unha provincia internacional como poucas que aposta polo territorio a través do deporte”

IES CHAMOSO LAMAS

Manuel Baltar destacou a excelente selección do percorrido da penúltima etapa “comezando en Maceda, vila vencellada ao ciclismo como ningunha outra en Galicia, e rematando en Luíntra, en plena Ribeira Sacra, coñecida nestes últimos anos no mundo do ciclismo pola Vuelta Ciclista a España” 

En Maceda, minutos antes da saída do pelotón, entregou unha placa conmemorativa ao ciclista Carlos Canal, “un ourensán cun futuro prometedor” 

HIPER MASIDE

O presidente provincial participou no corte da cinta no inicio da proba e na entrega de premios 

A Volta ciclista a Galicia, O Gran Camiño, disputou hoxe por terras ourensáns a etapa raíña dunha proba que no seu terceiro e penúltimo día de competición saiu de Maceda e rematou en Luíntra tras percorrer 148 quilómetros. “Un gran día para o ciclismo e gran día para Ourense, unha provincia internacional como poucas que aposta polo territorio a través do deporte”, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar, que participou no corte da cinta que deu inicio á etapa e na posterior entrega de premios. 

En Maceda, minutos antes da saída do pelotón e cos Felos do Entroido acompañando aos corredores, Manuel Baltar fixo entrega dunha placa conmemorativa ao ciclista ourensán Carlos Canal (Xinzo de Limia, 2001), que participa na proba  como un dos integrantes do equipo Euskaltel. “Un pracer entregarlle este recordo a un ourensán cun futuro prometedor”, dixo o presidente provincial en referencia á brillante traxectoria do ciclista, xa no terceiro ano como profesional e como exemplo de corredor multidisciplinar que se iniciou no ciclocross, chegando a campión junior de España en dúas ocasions, e  despois á modalidade MTB, da que foi campión nacional en en 2019. 

Manuel Baltar destacou tamén a excelente selección do percorrido por parte da organización da volta, “comezando en Maceda, vila vencellada ao ciclismo como ningunha outra en Galicia, e rematando en Luíntra, en plena Ribeira Sacra, coñecida nestes últimos anos no mundo do ciclismo pola Vuelta Ciclista a España”. O presidente provincial subliñou, ademais, a solidariedade de todo o pobo macedán cos ciclistas ucraínos que participan na volta, mostras a de apoio e cariño que se simbolizaron na solta de pombas que realizaron dous rapaces.