Galicia ofrece 432 camas nos hospitais galegos para os refuxiados de Ucrania

10,00 h.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, manterá unha reunión por videoconferencia coas entidades que xestionan o programa de Protección Internacional. foto xoán crespo 28/02/2022
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta de Galicia tende a man e ofrece os recursos e facilidades ao seu alcance para dar acubillo aos refuxiados ucraínos. Así, estende aos sete ámbitos hospitalarios da comunidade a súa dispoñibilidade para acoller á poboación de Ucraína que necesita asistencia sanitaria, coa dispoñibilidade de 432 camas. Delas, 113 estarían destinados a pacientes pediátricos, 15 a nenos e nenas que necesitan tratamento contra o cancro e o mesmo número a neonatos. Para os adultos, 319 camas dispoñibles, e un total de 25 serían para enfermos de cancro en tratamento. Un total de 55 son da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco.

Ademais, a Xunta mantén reunións de traballo co Goberno central para articular e coordinar outros mecanismos de axuda humanitaria a Ucraína.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO