O concello de San Amaro promove o incremento de alumnos do colexio con axudas á conciliación

Xa está aberto o prazo para que as familias tramiten a solicitude de admisión nos colexios e institutos para o vindeiro curso, tamén par ao alumnado que entra por primeira vez no cole coma tamén para os estudantes que cambian de centro.

Dende o concello de San Amaro incentivan a inscrición no colexio do municipio, no Ceip Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira. Nel, os nenos estarán atendidos dende as 7.30 as 19.00 horas, cun servizo de conciliación gratuíto para as familias grazas á financiación do concello. Ademais, todos os alumnos terán unha axuda de 150 € en infantil e 100 en primaria.

AVANTAR ACTIVIDADES