O concello de Cea busca un auxiliar de turismo para o Museo Olimpio Liste

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O concello de San Cristovo de Cea publica as bases para a selección de persoal laboral temporal para cubrir un posto de traballo de auxiliar de información turística destinado a cubrir a atención do Museo Olimpio Liste, de Oseira.  

A duración deste contrato será de seis meses. Os requisitos xerais das persoas aspirantes son ser español/a ou nacional dos demais estados membros da Unión Europea. Ademais, poderán participar no proceso selectivo as persoas estranxeiras que reúnan a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea; ter cumpridos os 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa; estar en posesión do título de graduado/a en ESO. As solicitudes deberán presentarse nos cinco días naturais seguintes o desta publicación.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Publicase hoxe no BOP

Premer na Imaxe

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------