Ourense repunta levemente os contaxios e O Carballiño segue baixando, ata os 103 caso activos

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, baixou ós 103, sete menos nesta última xornada. Maside baixa un caso ata os 19 casos activos. Boborás mantén ós 10 casos e Beariz mantén 5 casos. San Amaro baixa ós 5 casos e Piñor mantén os 7. San Cristovo de Cea conta con 2 casos. Punxín conta con 2 casos e O Irixo con un so contaxio.

A comunidade galega rexistra hoxe 1.543 contaxios novos, cun lixeiro repunte. O número de casos activos ascenden hoxe ata os 16.365. A ocupación das camas dos hospitais ascende. Do total de pacientes positivos en Galicia, 28 (-1) están en UCI e 397 (+7) en unidades de hospitalización.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 196 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben hoxe ata os 1.935. En canto á presión hospitalaria, contamos con 54 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (=)  na UCI.