O Partido Popular de Ourense elixirá a 69 compromisarios para representar á provincia no congreso nacional

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A comarca de Ourense terá a maior representación con 17 compromisarios, seguida da Limia e Verín con 10; Terras de Celanova con 7; O Carballiño, 6; O Ribeiro, 5; e Allariz-Maceda, Baixa Limia, Terras de Castro Caldelas e Trives con 3 cada unha delas

·      Manuel Baltar puxo de relevo “a indiscutible implicación que sempre demostrou a militancia ourensá en cada convocatoria congresual, e non só coa súa participación nos procesos previos, senón tamén durante a celebración dos propios conclaves”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Partido Popular de Ourense iniciou hoxe o proceso de selección dos compromisarios que representarán á provincia no XX Congreso Extraordinario Nacional que se celebrará os días 1 e 2 de abril en Sevilla. O Comité Executivo, reunido esta tarde por vía telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou o reparto entre as 92 xuntas locais do partido dos representantes asignados ao PP ourensán polo Comité Organizador do Congreso.

Á marxe dos representantes natos -que formarán parte da delegación ourensá polos cargos que ostentan- serán 69 os compromisarios que deberá escoller a militancia nun proceso que rematará o 21 de marzo coa elección de representantes, sempre e cando se formalicen máis solicitudes que o número de prazas asignadas a cada xunta local.

A comarca de Ourense terá a maior representación con 17 compromisarios (dez deles na capital), seguida das comarcas da Limia e Verín con 10; Terras de Celanova con 7; O Carballiño, 6; O Ribeiro, 5; e Allariz-Maceda, Baixa Limia, Terras de Castro Caldelas e Trives con 3 cada unha delas.

Na reunión do Comité Executivo, Manuel Baltar puxo de relevo “a indiscutible implicación que sempre demostrou a militancia ourensá en cada convocatoria congresual, e non só coa súa participación nos procesos previos, senón tamén durante a celebración dos propios conclaves”.

“Preparámonos –engadiu- para a terceira cita congresual en menos dun ano, logo dos congresos galego e provincial celebrados en xullo e setembro de 2021, e volveremos a demostrar que sempre estamos activados e perfectamente preparados para calquera convocatoria, sexa en clave de partido ou electoral”.

O XX Congreso Nacional do Partido, convocado con carácter extraordinario e urxente, que se celebrará en Sevilla os días 1 e 2 de abril de 2022 contará coa participación de 3.109 compromisarios, dos cales 437 son natos, 10 da Comisión Organizadora e 40 do Partido Popular no Exterior. Calquera afiliado que desexe participar en todo o proceso electoral poderá inscribirse ata as 14.00 horas do día 16 de marzo.