Maside colabora con Ucrania ca iniciativa solidaria sa venda de xabóns artesanais

Ademais da iniciativa de Cáritas, hoxe tamén nos desprazamos ata Maside. Na Casa Aberta tamén se puxo en marcha un punto de recollida de enseres. Carlos, membro da asociación, explícanos que é o que están recadando eles e como será o envío que realizarán posteriormente.

E tamén se puxo en marcha unha iniciativa solidaria da man da venta de xabóns artesanais. Co diñeiro recadado tamén se comprarán mediciñas e alimentos para enviar a Ucrania, neste caso máis centrados nos nenos. Poderán adquirise a un prezo de 5 euros en varios establecementos de Maside e na casa do maior de Dacón.

AVANTAR ACTIVIDADES

O concello apoia estas iniciativas e convida a todo o mundo a que aporte o que poida. Ademais, o alcalde, José Manuel Iglesias, condeou á guerra que está tendo lugar.

Como este concello, tamén outros da contorna se suman a esta axuda solidaria, con recepción de produtos, menciñas ou roupa nos concellos, coma en San Amaro, ou na farmacia de Punxín, e tamén nos centros educativos.