O Sporting Carballiño quere contar cun equipo de xuvenís para a seguinte tempada

IES CHAMOSO LAMAS

Dende a Directiva do Sporting Carballiño anunciaron o seu propósito de contar cun equipo de xuvenís para a vindeira tempada 2022/2023.

Trátase dun paso máis na intención do club de seguir apostando polos rapaces de vila e darlle a posibilidade real de ter un obxectivo claro para a etapa posterior á de formación.

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

Con este equipo, os xogadores en etapa xuvenil poderán compaxinar adestramentos co equipo senior, poderán xogar nese equipo si o rendemento e adestradores o consideran oportuno.

Amosaron tamén que lles gustaría contar co maior apoio social posible e das institucións, así como animar a tódolos interesados que se poñan en contacto para lles explicar o proxecto.