CxG de Punxín acusa de “pucheirazo” co concelleiro non adscrito en dous procesos de contratación

IES CHAMOSO LAMAS

O voceiro da formación Compromiso por Galicia de Punxín, Eladio Fernández, compareceu hoxe en rolda de prensa para falar dun suposto “pucheirazo”, co que asegura que se deu o pacto de goberno do Partido Popular e Ciudadanos no concello.

O voceiro asegura que unha das dúas vacantes de contratos públicos ofertadas polo concello contaba na súa lista de contratación cunha das solicitantes que era a muller do que foi concelleiro de Ciudadanos, agora non adscrito.

HIPER MASIDE

Asegura o voceiro que iso non é todo. Par aos egundo posto vacante, neste caso de chófer, un dos candidatos é o propio concelleiro, segundo amosa a listaxe de contratación. Eladio Fernández asegura que isto vai en detrimento dos veciños, que se presentan a esas vacantes sabendo que xa están concedidas.