A Xunta e Augas de Galicia colaborarán co concello de Leiro para mellorar o abastecemento de varios núcleos

IES CHAMOSO LAMAS

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo unha xuntanza co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, na que lle trasladou a vontade da Xunta de colaborar na mellora do abastecemento de varios núcleos do municipio co fin de paliar os problemas de arsénico e asegurar a calidade da auga.

O seguinte paso será a reunión do alcalde, Francisco José Fernández, con Augas de Galicia, que será o próximo luns, e na que se abordará a solicitude municipal para desenvolver, a nivel construtivo, as actuacións necesarias para solucionar os problemas que xera o arsénico na auga e asegurar a calidade do abastecemento os veciños destes núcleos da parroquia de San Tomé de Serantes.

HIPER MASIDE

A Xunta redactará o proxecto construtivo de cara á mellora do sistema de abastecemento nos núcleos de Serantes, de Sa e de Paredes desde o depósito municipal de Lebosende.