Nota do Bng de Castrelo: “O Psoe pásase de freada e critica a xestións dos funcionarios como se fosen xestións políticas.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo de concelleiros do BNG de Castrelo de Miño xa viu no último pleno ordinario como a portavoz (e única concelleira trala marcha dos seus compañeiros tránsfugas ao PP), do PSOE criticaba a todos os gobernos anteriores que houbo no concello pola depuración de facturas pendentes de cobro e pago que se fixo a instancias da secretaria – interventora municipal.
A portavoz do PSOE, non termina de diferenciar a xestión política da xestión administrativa que fan os funcionarios dentro do concello. Se ben é certo que o Alcalde é o máximo responsábel do ente municipal, determinadas actuacións como intervención e tesouraría son responsabilidade da Secretaria – Interventora, ou de quen delegue a
mesma no día a día desas funcións. O alcalde, simplemente asina un “visto bo” nos informes que emite a mesma a expensas da petición do rexedor, ou por iniciativa propia como foi este caso.
Dende o BNG de Castrelo de Miño, lamentamos comunicarlle á veciñanza do noso concello que o Tribunal Supremo fallou a favor de Red Eléctrica de España S.A. no recurso interposto ante do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza, dado que o Concello gañara en primeira instancia o xuízo para o cobro dunha taxa por ocupación de dominio
público (A liña de alta tensión enterrada no Parque Náutico) cuxa contía ascendía a 115 mil euros máis outros 15 mil de xuros de demora polos anos dende o 2013 ao 2016. Estes 130 mil euros estaban recoñecidos como pendentes de cobro na tesouraría do concello (decisión da interventora que é a que leva eses temas, non do rexedor). E son a
partida máis grande das que se producen baixa, e que máis chama a atención. Vemos que o Tribunal Supremo falla sempre a favor do máis débil (léase con ironía).
Exemplos como:
• “Estas obrigas pendentes deben darse de baixa porque na data actual non existe esta
débeda co ente provincial.”
• “Procede a baixa desta obriga por figurar duplicada a factura no rexistro contable de
facturas.”
• “Estas facturas teñen domiciliado o cobro, polo que non están pendentes de pago.”
• “Importe corresponde coa cotización a cargo do traballador que está mal contabilizado.”
• “En relación con esta obriga produciuse tamén unha duplicidade.”
• “Non existe débeda a este provedor por tal concepto.”
• “Esta operación está mal contabilizada.”
• “Respecto a este pendente de cobro, procedería a súa baixa por duplicidade.”
Son os que vemos no informe de tesouraría emitido pola interventora municipal. Erros administrativos (non políticos) de contabilización de facturas, que se depuran cada certos anos para que a contabilidade municipal sexa o máis realista posíbel.
No pendente de cobro danse de baixa as seguintes contías:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO


E no pendente de pago danse de baixa 18.951,25 €:
Cando algún veciño ten pendente de pago algún tipo de tributo municipal,
reclámaselle en vía executiva e queda pendente de cobro, continuando
os procesos legais oportunos. O grupo de goberno non vai á casa dos
veciños a reclamarlle o pago como se foran o “torero dos morosos”.
Como críticas políticas:
• A portavoz do PSOE non ten coñecemento de como funciona un ente
municipal, e fala dende a súa ignorancia, tentando sacar tallada
política de erros administrativos dos funcionarios municipais.
• A auditoría que tanto reclama o PSOE, e reclamaba o PP cando estaba
na oposición, non ten cabida. Xa se lles explicou no seu momento, e
continúan “erre que erre”. As contas do concello de Castrelo de Miño
sempre estiveron auditadas por un fedatario público (Secretario –
Interventor), e a maiores diso, sempre foron ao Tribunal de Contas
dependente do ministerio. Non vai vir ningunha empresa privada
auditar a un funcionario grupo A1 da administración pública. Algo que
o PSOE de Castrelo de Miño non entende (ou non quere entender) e
que o PP tampouco entendía (dende que asaltaron o goberno, xa
cambiaron de opinión).
• Antes do ano 2010 (coa xestión de cobros da mancomunidade do
Ribeiro) había máis de 48 mil euros pendentes de cobro. Despois de
deixar a mancomunidade e asumir o concello esas tarefas, pouco máis
de 9 mil euros pendentes (descontando o montante de RED Eléctrica).