Mensaxe de Jorge Juan párroco de Carballiño desde Przemysl (Polonia)

Bos días e feliz día de San José para todos os espectadores e lectores de Badal Novas.

Atopámonos en Przemysl (Polonia) co camión de axuda humanitaria que saíu do Carballiño, froito das achegas do Carballiño, de tantas parroquias, colexios e institucións da provincia de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nunha hora imos descargar o noso camión. A mercadoría cargarase noutro camión que a trasladará cara a Busk (Ucraína).

Despois de comer achegarémonos ata a propia fronteira para levar algunha axuda que recibimos.

Estamos o párroco de Santa Lucía de Rairo, D. Alberto, Sofiya unha moza ucraína, e Jorge Juan, párroco do Carballiño.

Grazas a todos pola vosa colaboración.

Manterémosvos informados.