O Novo Cine de Leiro proxectará esta fin de semana o filme Malencolía, rodado en Carballiño e comarca

IES CHAMOSO LAMAS

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso, repite co filme “Tipos malos”, estreada este ano. Poderase ver o venres sábado e domingo, ás 16:00 horas e ás 18:15 horas, e o luns e xoves próximos ás 18:15 horas.

Por outra banda, proxectarán o filme “Malencolía”, rodado no Carballiño e contorna, e todo un éxito nos premios Mestre Mateo. Este filme poderase ver o venres, sábado e domingo e o luns e xoves próximos ás 20:30 horas.

HIPER MASIDE