A Arnoia camiña cara un desenvolvemento agroforestal sostible do seu monte

  •  O Monte de Utilidade Pública de A Arnoia vai obter o certificado de bosque xestionado de maneira sostible.
  • Dende Medio Rural estase fancendo unha mellora de todas as pistas que recorren as 600 hectáreas da propiedade municipal.
  • Seguirase adiante co aproveitamento de madeira tras enviar unha notificación ao Monte veciñal en man cómun de Sande (Cartelle) que reclamaba polo límite.

O Monte de Utilidade Pública (MUP) do Concello de Arnoia vai obter a Certificación de servizos ecosistemáticos de carbono de FSC (Forest Stewardship Council o Consejo de Administración Forestal en español).

Os servizos ecosistémicos, ou servizos do ecosistema, son os beneficios que as persoas obtemos da natureza. Un bosque xestionado de forma sostible ademáis de productos madeirables e non madeirables, tamén ofrece outros servizos ecosistémicos como a captación de carbono, a protección das concas hidrográficas e conservación da biodiversidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

O alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, maniféstase satisfeito por estas novas do Monte de Utilidade Pública do Concello: “É unha das liñas de futuro de Arnoia para o desenvolvemento do agroforestal sostible e de calidade”.

Nos bosques certificados por FSC protéxense valiosos servizos do ecosistema, polo que FSC ofrece este procedemento para demostrar e comunicar o impacto positivo do manexo forestal responsable nos servizos do ecosistema, neste caso a captación de carbono.

Estes impactos positivos verificados teñen por obxecto facilitar os pagos por servizos do ecosistema e proporcionar acceso a outros beneficios, engadindo así valor comercial para quenes manexan os bosques de maneira responsable e quenes toman medidas para preservar os servizos dos ecosistemas forestais.

Isto, para a xestión do monte, segundo indica a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, “non teríamos que facer nada novo”. O cálculo de Carbono fixado nas masas forestais do MUP Arnoia faise automáticamente na aplicación ORDFOR, que inclúe todos os montes certificados PEFC e/ou FSC.

Por outra banda, a DX encargarase directamente de realizar un inventario forestal cada 5 anos, que nos aportará valiosa información sobre a evolución da masa forestal.

Tamén, se abre a posibilidade de vender os dereitos de emisión de CO2 no mercado de carbono.

A Consellería de Medio Rural tamén mellora as pistas do MUP

Dende Medio Rural estase fancendo unha mellora de todas as pistas que recorren as 600 hectáreas da propiedade municipal declaradas de utilidade pública. A mellora consiste no ensanche, limpeza de cunetas, aplicación de zahorra e pisón. Estas últimas actividades financiaranse co fondo de mellora do propio monte de MUP.

Aproveitamento de madeira no Monte de Utilidade Pública

Seguirase adiante co aproveitamento de madeira tras enviar unha notificación ao Monte veciñal en man cómun de Sande (Cartelle), que reclamaba polo límite do seu monte co MUP de Arnoia.

O Servizo Provincial de Montes pronúnciase a favor do Concello de Arnoia no referente aos lindes, e considera que os límites entre o CMVMC de Sande e o de Arnoia son os establecidos polo Instituto Xeográfico Nacional. 

O Xurado Provincial de MVMC considerou que non concurrían as circunstancias xurídicas que tipifican a comunidade xermánica, característica dos MVMC, polo que mantén a súa titularidade pública e demanial. Polo tanto, quedaron os límites establecidos polo instituto xeográfico provincial tal como define Montes e Arnoia e non os que pretendían os comuneiros de Sande, que trataban de facerse con varias hectáreas pertencentes ao Concello de Arnoia.