A Deputación colaborará nun proxecto de autoabastecemento de cereal para os gandeiros do Irixo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Baltar recibiu no Pazo Provincial ao alcalde e presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca do Carballiño, Manuel Cerdeira, co que concretou novas liñas de colaboración co Concello en infraestruturas, promoción e cultura, e mailo cofinanciamento de actividades da entidade intermunicipal

O presidente da Deputación resalta o compromiso con estes novos proxectos: “Coma o programa piloto de produción de cereais ou a aposta pola marca Irixo, que ten amosada a viabilidade de apostar polo propio”. Baltar encaixa os acordos con Concello e Mancomunidade na aposta clave do seu goberno pola cooperación, “unha palabra que está no ADN desta institución”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Cerdeira destaca que “sempre obtemos resposta ás necesidades da veciñanza que formulamos, o que fala ben ás claras da receptividade que ten Manuel Baltar ás nosas propostas”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo unha reunión no Pazo Provincial co alcalde do Irixo e presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca do Carballiño, Manuel Cerdeira, para analizar as liñas de colaboración abertas entre as tres entidades, ademais de concretar novas iniciativas de cooperación. Neste sentido, o presidente provincial comprometeu a axuda da Deputación para o desenvolvemento dun proxecto no que están a traballar no concello para o autoabastecemento de cereal dos gandeiros, colaboración que se concretará na adquisición de semente para este cultivo.

Tamén no ámbito do Concello, Manuel Baltar e Manuel Cerdeira pecharon outros acordos para o arranxo de vías municipais, a promoción da marca Irixo e un programa de actividades culturais. Manuel Baltar resalta o compromiso da Deputación con estes novos proxectos: “Como o proxecto piloto de produción de cereais ou seguir apostando pola marca Irixo, de produtos propios, que en varios meses de entrada no mercado ten amosada a súa viabilidade de apostar polo local”. 

Apoio á Mancomunidade do Carballiño

O presidente do goberno provincial avanzou a Manuel Cerdeira, xa coma presidente da Mancomunidade da comarca do Carballiño -integrada polo Irixo, Boborás, Beariz e San Amaro-, a colaboración da Deputación no cofinanciamento das actividades desta entidade. Manuel Baltar encaixa os acordos dentro da liña de cooperación da Deputación coas entidades municipais e intermunicipais: “Está no ADN desta institución provincial”. 

Pola súa banda, Manuel Cerdeira afirmou que a liña de traballo e diálogo que mantén a Deputación de Ourense co Concello do Irixo e a Mancomunidade do Carballiño “é totalmente satisfactoria, sempre obtendo resposta ás necesidades da veciñanza que formulamos, o que fala ben ás claras da receptividade que ten Manuel Baltar ás nosas propostas”.