O equipo MPC Terras de Cea de ciclismo bate récords na Transgalaica da Estrada

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Terceira proba puntuable po campionato de XCM Transgalaica 2022 que se realizaba na Estrada. Diego Marnotes lograba o primeiro posto en Sub-23 co que se consolida como líder do campionato. Antonio Marnotes marcábase un 6º posto en Máster 50-60; Diego Machado Top25 en Máster 30. A iso temos que lle sumar a gran actuación de Dani Rodríguez, Cristobal Jiménez e Borja Iglesias co que o equipo MPC Terras de Cea, debutante este 2022, metíase entre os 5 mellores equipos de Galicia nesta terceira Transgalaica.