O Novo Cine de Leiro ofrece unha dobre carteleira de animación e ficcións

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira, como cada semana, neste caso con dobre programación. Por unha banda, o filme “Ainbo”. Ainbo é a viaxe épica dunha nova heroína e dos seus espíritos guías: Dillo, un pequeno e divertido armadillo, e Vaca, un tapir de gran tamaño. Todos embárcanse nunha misión para salvar a súa casa, situada na selva amazónica. Poderase ver o sábado e o domingo ás 16:00 horas e o luns e xoves próximos ás 18:15 horas.

Por outra banda, pensado nos adultos, “Código emperador”, un thriller de intriga que afonda na cara máis oculta da realidade sociopolítica española e ambientada nos altos niveis do poder e o espionaxe. Poderase ver o sábado e o domingo, 18:15 horas e ás 20:80 horas e o luns e xoves próximos ás 20:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES