Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas para os clubs deportivos ourensáns

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Continúa aberto o prazo de solicitude das subvencións habilitadas pola Deputación de Ourense para os clubs deportivos da provincia. As axudas, convocadas mediante o procedemento de concorrencia competitiva, teñen por obxecto financiar parcialmente os gastos derivados da participación destes clubs en competicións deportivas durante a tempada 2021-2022. O prazo para solicitalas remata o próximo 30 de abril. 

Cun orzamento total de 350.000 euros, a estas subvencións poden optar todos os clubs con domicilio social en Ourense e inscritos nos correspondentes rexistros da Xunta de Galicia que participen en competicións oficiais, calquera que sexa o seu ámbito e convocadas polas súas respectivas federacións. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ademais, deberán ter polo menos un equipo de base acreditado, é dicir, inferior á categoría sénior ou absoluta. Para os clubs que compitan en disciplinas individuais o requisito básico é posuír un mínimo de dez licenzas federativas de deportistas de base en competición. Quedan excluídos desta convocatoria aqueles clubs que só participen en ligas ou competicións locais ou comarcais, deporte escolar o ligas de empresas.