Estabilizado o incendio forestal no concello de Piñor, parroquia de Torcela

IES CHAMOSO LAMAS

Segundo novas estimacións, afecta unha superficie dunhas 30 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Piñor, parroquia de Torcela, está estabilizado.

HIPER MASIDE

O lume iniciouse ás 18,26 h. desta tarde e quedou estabilizado ás 21,53 h. da noite. Segundo novas estimacións afecta unha superficie provisional dunhas 30 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 4 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.