O’Potiños inaugura a súa PotiExpo 2021, ubicada na casa do concello

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Asociación fotográfica O POTIÑOS inaugura a súa tradicional exposición baixo o nome de POTIEXPO 2021, ubicada na Casa do Concello. Trátase dunha mostra das mellores imaxes do pasado ano, elixidas polos membros da asociación.

Ademais desta exposición, para a que están todos convidados como alternativa cultural nesta Semana Santa, tamén hai un gran número delas espalladas polo concello. No Casino está a exposición “Entroido Ribeirao”; no Café Peñasco – Contraluces 1; no Café Plaza – Contraluces 2; no Hotel Arenteiro – O Mar de Os negativos; no Asador Veracruz – Balneario do Carballiño; nas Galerías – PotiExpo 2020 e en Doctor Café – Concurso Carballiño Libre.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A asociación, de cara o próximo Arenteiro Fotográfico, traballa en renovar a súa estrutura, concentrando o traballo en oito exposicións xuntas nun mesmo local.

Tamén están traballando no evento Pon unha foto na rúa. Este ano queren colaborar ca Asociación de Pulpeiros para facer un traballo conxunto. Este evento será no mes de maio.