A Xunta adxudica por preto de 85.000 € as obras de renovación da rede de abastecemento en Magros, no concello de Beariz

IES CHAMOSO LAMAS

A actuación, cun prazo de execución de 4 meses, ten como obxectivo dotar dunha nova rede de abastecemento os barrios de Aldea de Arriba e Aldea de Abaixo, asegurando un caudal de auga mínimo ás vivendas e ás bocas da rega

As obras enmárcanse no convenio entre a Xunta, que financia o 80% das actuacións e as leva a cabo, e o Concello, que achega o 20% e asume a súa conservación

HIPER MASIDE

Executarase un total de 456 metros de tubaxe, ademais de chaves de paso, bocas de rega, ventosas e desaugadoiros para o correcto funcionamento da rede

Con esta intervención darase servizo a unha poboación de 431 habitantes

A Xunta continúa axudando aos concellos para que poidan desenvolver as súas competencias de saneamento e abastecemento dun xeito eficiente

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou por 83.797 euros as obras de renovación da rede de abastecemento de auga no lugar de Magros, no concello de Beariz.

A actuación, adxudicada á empresa Cotoverde Obras y Servicios, S.L. e cun prazo de execución de 4 meses, ten como obxectivo executar as obras necesarias para dotar dunha nova rede de abastecemento os barrios de Aldea de Arriba e Aldea de Abaixo.

As obras enmárcanse no convenio de colaboración asinado entre a Xunta, que asume o 80% do investimento e executa as obras, e o Concello de Beariz, que contribuirá ao financiamento do 20% restante, ao tempo que asume a conservación das actuacións.

As intervencións serán financiadas pola Unión Europea, no marco do Eixe REACT UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da covid-19.

As obras a executar

A intervención deseñada por Augas de Galicia ten como obxectivo a execución dunha nova rede de abastecemento nos barrios de Aldea de Arriba e Aldea de Abaixo para asegurar un caudal de auga mínimo de 200 l/habitante-día ás vivendas e nas bocas de rega e incendio.

As obras incluirán a renovación da rede de abastecemento procedente do depósito de regulación, desde a súa entrada no núcleo de Magros pola Aldea de Arriba, ata que chega á Aldea de Abaixo, instalando tubaxe de 75 mm de diámetro.

En ambos os extremos colocaranse válvulas redutoras de presión. Renovarase tamén toda a rede da Aldea de Abaixo con tubaxe.

En conxunto, executarase un total de 456 metros de tubaxe, ademais de chaves de paso, bocas de rega, ventosas e desaugadoiros para o correcto funcionamento da rede. Con esta actuación darase servizo a unha poboación de 431 habitantes.

O departamento que preside Ethel Vázquez continúa prestando o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que poidan desenvolver as súas competencias de saneamento e abastecemento dun xeito eficiente e acorde ás necesidades dos cidadáns.