O tecido empresarial da provincia concéntrase ao redor dos grandes nucleos poboacionais, unha tendencia que se reforza no que vai de ano. Das 97 compañías que se fundaron na provincia no primeiro trimestre de 2022, o 64% (62 empresas) sitúase nos tres concellos máis poboados: a cidade, Carballiño e Verín, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE).
En Carballiño, abriron as súas portas nove empresas ata marzo, o que supón igualar o mellor rexistro da década para este período, que se alcanzou en 2018 e en 2013
O concello valora moi positivamente esta chegada de empresas a nosa vila, chegada que se vera en aumento no futuro no parque empresarial xa proxectaado