Máis de 200 ciclistas aficionados participarán este domingo no Campeonato de la Península Ibérica da Fundación ADO Moure

Presentación do Campionato de Ciclismo da Península Ibérica a disputarse en Ourense o próximo dominog 1 de maio. Asisiten Rosendo Fernández (VicePresidenta da Deputación Ourense), Carlos Bericat (Representante da Xunta de Galicia), Mario Guede (Concellal de deportes do Concello de Ourense), Jorge Villarino (Representante do diario La Región) e Carlos Moure (Organizador da Proba).

A proba, que ten aberta a inscrición para maiores de 16 anos, arrancará en Vistahermosa e chegará ao Mon de Deu tras un recorrido de 72 quilómetros

As estradas da provincia acollerán este domingo, 1 de maio, o Campeonato de la Península Ibérica 2022, unha proba ciclista open organizada pola Fundación ADO Moure ProDeporte co apoio da Deputación de Ourense e o Consello Municipal de Deportes.

AVANTAR ACTIVIDADES

A proba foi presentada esta mañá na sala de prensa da Deputación por parte do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; o presidente da Fundación ADO Moure Pro Deporte, Carlos Moure; o coordinador de deporte escolar da Xunta en Ourense, Carlos Bericat; o presidente do Consello Municipal de Deportes, Mario Guede e Jorge Villarino por parte de La Región, patrocinadora desta proba xunto a Aceites Abril, Bermello, Cosaga ou Centro Médico El Carmen.

Entre as novidades deste ano destaca a volta á tradicional ruta que parte dende Vistahermosa (10,55 horas) para voltar, tras 72 quilómetros pola comarca do Ribeiro, no alto do Mon de Deu, nunha chegada prevista ás 12,40 horas. Segundo explican dende a organización, “púxose un interese especial por deseñar un recorrido bonito e espectacular para o deporte, ao mesmo tempo que permite desfrutar do Ribeiro, unha comarca cunha notable proxección turística”.

A proba, open e non federada, está aberta para calquera persoa maior de 16 anos en categorías masculinas e femininas cadete, junior, senior e máster (30, 40, 50 e 60). Dende a organización estiman acadar os 230 participantes e detallan que subirán ao podio os treis primeiros clasificados de cada unha das dez categorías, recibindo un diploma e unha medalla, e o gañador un maillot conmemorativo.