A Xunta apoia a contratación de 197 desempregados para a prevención de incendios en 89 concellos e dúas mancomunidades de Ourense

IES CHAMOSO LAMAS

A Xunta vén de resolver a convocatoria de axudas deste ano do programa Aprol Rural para apoiar nos concellos galegos a contratación de persoas desempregadas para a realización de servizos de prevención de incendios, entre outros.

Na provincia de Ourense beneficiaranse 89 concellos que coas axudas da Xunta por valor de 2.767.155,92 euros poderán contratar a 197 persoas. En Galicia, en global, apoiarase a contratación de preto de 500 persoas sen emprego en 285 concellos a través dun investimento de sete millóns de euros. 

HIPER MASIDE

As persoas desempregas realizarán de tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Na orde de axudas deuse prioridade aos concellos fusionados e os emprendedores. Os contratos terán unha duración de 9 meses a tempo completo.

O obxectivo da iniciativa é incrementar e mellorar as oportunidades laborais do rural de Galicia, mediante a contratación de persoas desempregadas, e dar un impulso aos traballadores das zonas menos poboadas da comunidade autónoma.

Enmárcanse, ademais, na prioridade da Xunta de crear máis e mellor emprego de calidade na Comunidade e completan outras iniciativas que xa se activaron e que favorecen a contratación nos concellos galegos. É o caso dos obradoiros duais de emprego, unha iniciativa na que está prevista en toda Galicia un investimento de 42,1M€ para permitir a formación e o acceso ao emprego de 1.600 persoas; as axudas para a contratación de orientadores laborais, ás que se prevé destinar 6,8M€ para a contratación de 250 persoas ou os Programas Integrados de Emprego, que para esta convocatoria contan cun orzamento de 10,2M€ para apoiar a contratación de 4.100 persoas en concellos e entidades sen ánimo de lucro. A convocatoria dos programas integrados de emprego publicarase no DOG nas próximas semanas.