O MPC Terras de Cea estréase na Copa Galicia de XCM con dúas vitorias

Este domingo en Piñor daba comezo a Copa de Galicia de BTT Maratón. Diego Marnotes mantén o seu gran estado de forma, e conseguía un 6º posto xeral e gañaba en Sub-23 con comodidade, e pasa a portar a camisola de líder na próxima carreira. Mentres que Antonio Marnotes lograba un Top-5 en Master-50.

Xa na distancia de Media Maratón, victoria era para outro dos corredores MPC , Diego Machado, que lideraba a proba de principio a fin, o que lle había que sumar a 3 plaza de Santiago Iglesias e a 6 de Cristóbal Jiménez.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta carreira conta ca súa segunda edición, e sumou a 140 participantes, superando con creces o seu estreo no pasado ano, marcado pola pandemia. Aínda así, dende a organización, o Ourense Termal Club Ciclista, esperan que para o próximo ano haxa un récord de afluencia maior.