Expourense acolle dende hoxe ó domingo a 4ª edición de Car Outlet

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Expourense acolle esta fin de semana, entre hoxe día 6 e ata o 8 de maio, o IV Car Outlet Ourense que ofrecerá as mellores oportunidades do mercado de vehículos de ocasión e segunda man con todas as garantías que brindan os concesionarios oficiais. Trátase dunha cita coorganizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, que conta coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e de ABANCA.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Un total de 20 marcas estarán representadas a través dos 14 concesionarios de A.C.A.U.T.O. que participarán como expositores.

A oferta presentada neste salón será ampla puidendo atoparse kilómetro cero, seminovos, de xerencia e segunda man, de entre 1 e 5 anos. A situación actual do mercado do automóbil novo que contempla tempos de espera prolongados para recibir o coche novo, conleva que o mercado de ocasión sexa a mellor opción para quen precise cambiar de automóbil dun xeito rápido e cómodo.

O horario de apertura do salón será venres 6 de maio de 11.00 a 20.30 h., sábado 7 de 10.00 a 20.30 h. e o domingo 8 de maio de 11.00 a 20.00 h. A entrada terá un custo de 2 euros, sendo gratuíta para os menores de 12 anos.