O C.D. Arenteiro enfróntase ó Navalcarnero este domingo, en Espiñedo

O C.D. Arenteiro fai un chamamento a todos os seus afeccionados para encher o campo de Espiñedo este domingo. Dispútase o último partido de Liga na casa, e o penúltimo da competición, salvo os de play off, que so poderán xogar os cinco primeiros da clasificación. O partido será o domingo, día 8, ás 12:00 horas, fronte o Navalcarnero.

O Sporting Carballiño tamén xogará o domingo, á mesma hora, ás 12.00, fronte o Barbadás B, na Uceira. O Maside, tamén o domingo, ás 17:00 horas, fronte o Antela no Outeiro Grande.

AVANTAR ACTIVIDADES