Ribadavia quere resolver a situación do campo herba sintética do Xestal.

O Concello ven de trasladarlle á Deputación un novo informe sobre a situación Xestal e de requirirlle, como organismo contratante, unha solución á problemática do campo.

Un informe independente de inspección do campo do xestal, encargado polo Concello, sinala que a causa dos problemas do novo sintético pode estar na area silícea e nos cauchos do terreo de xogo, ao non ter alcanzado nin a granulometría nin proporción correcta, tanto para a xogabilidade como para a drenaxe do céspede.

AVANTAR ACTIVIDADES

Así, este informe destaca que os problemas do terreo de xogo non se atopan na nivelación nin nas pendentes do mesmo, tras realizar a comprobación topográfica. Así mesmo, sinala que os problemas  de acumulación de auga de chuvia en charcos non ten a súa orixe na falta de pendente.

Polo tanto, indica o informe técnico que o nivel de auga no terreo non é un factor influente na problemática acaecida no céspede sintético.
Este informe contradí a afirmación de que o problema fora puntual a causa de fortes chuvias, senón que perdura no tempo desde a súa inauguración.

Tamén contradí a afirmación de que os problemas da rede de saneamento municipal e de recollida de augas superficiais dos viais adxacentes ao campo, afecten ao uso do campo e ao mantemento do mesmo. Algo que se afirmaba no Informe da Deputación de novembro de 2020.

Neste sentido, por parte do Concello de Ribadavia remitíuselle á Deputación provincial este novo informe co obxectivo de buscar solucións.
Así, requíreselle á Deputación, como entidade contratante da obra, que adopte as medidas oportunas para subsanar as deficiencias sinalas neste novo informe respecto da obra de instalación do céspede artificial.