O concello do Irixo converterá a Eira da Ponte nun anfiteatro

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O concello do Irixo anuncia que a Eira da Ponte será un anfiteatro antes de que remate o 2022. A antiga Eira da Ponte é un espazo público que actualmente se atopa en mal estado. O obxectivo da administración municipal é transformala nunha área de recreo e ocio acollendo un anfiteatro ao aire libre que se destinará ao desenvolvemento de todo tipo de actividades culturais como actuacións musicais, teatro ou cinema, entre outros.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Este proxecto parte da iniciativa do concello, cun presuposto inicial de 50.000 euros, e para o cal ademais acaban de recibir unha subvención da Secretaría Xeral de Turismo cun importe de 30.000 euros. O proxecto deberá estar executado no próximo mes de outubro tras a adxudicación das obras e da correspondente autorización da Confederación Hidrográfica do Miño – Sil.

A obra consistirá na realización da limpeza integral, o empedrado do chan e a construción do anfiteatro, entre as intervencións previstas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------