O concello do Irixo comeza cas obras para a creación do Complexo Deportivo Arracada

IES CHAMOSO LAMAS

O concello do Irixo xa está realizando os primeiros acondicionamentos dos xardíns de Arracada. Este proxecto contempla a creación do Complexo Deportivo Arracada que se fai en colaboración entre deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello do Irixo, proxecto presentado meses atrás e no que se asinou a súa financiación en xaneiro.

As imaxes que poden ver a continuación son as do proxecto final.  Estará ubicado nas inmediacións da antiga estación de tren. As instalacións contarán con dúas piscinas, unha pista de pádel, un rocódromo, minigolf, tirolina, pump track para bicicletas, zona de merendeiro e parking para caravanas

HIPER MASIDE

O proxecto está enfocado para o uso dos veciños e para atraer a un turismo en familia, ofrecendo tanto a adultos como a nenos as instalacións deportivas e de lecer, que poderán utilizarse durante unha xornada ou en vacacións, para o que se habilitará a zona destinada ás autocaravanas.