Este xoves as 20:30 h no Casino organizado pola A.C.Avantar libro-disco con María do Ceo e Armando González

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Organizado pola A.C.Avantar e coa colaboración do casino do Carballiño o xoves  19 de maio no salón de actos do Casino ás 20:30, terá lugar a presentación do libro-disco: Escolma imposible (e incorrecta),María do Ceo canta a Armando González.

María do Ceo, nada na cidade de Porto, é unha cantante de Fado e compositora Portuguesa, afincada na Galiza  desde os sete anos, tempo no que emigrou coa familia a cidade de Ourense.

Portuguesa de nacemento e Galega pola súa identificación con esta terra na que vive. Desde o ano 1987 canta profesionalmente, numerosas colaboracións e premios cos que foi distinguida  avalan a súa carreira artística. Ofreceu numerosas actuacións en concertos na Galiza, Portugal, Alemaña. Francia, Suíza, Italia, Arxentina …Da súa extensa discografía destacar algúns albumes como Cartas de amor, Fados e outras músicas, Dúas almas do Miño, No bico un cantar,  Soños cumpridos, De Portugal a Galicia, A fadista …. cancións  fermosas como Alecrin dourado, Lela,  Da tempo ao tempo ou Malhao de San simao transpórtannos a un mundo de dozura e nostalxia, de maxia e de confluencia da Galiza e Portugal.