CxG de Punxín pide a exclusión do tenente alcalde e a súa muller dun proceso de contratación municipal

IES CHAMOSO LAMAS

Eladio Fernández, concelleiro de Compromiso por Galicia de Punxín, compareceu esta mañá en rolda de prensa para falarnos sobre a moción presentada polo seu grupo. Piden que o tenente alcalde e a súa muller sexan excluídos da convocatoria para ocupar un posto público neste mesmo concello, asegurando que é “antidemocrático”, e ademais piden que se non o fai voluntariamente que sexa o alcalde quen llo pida públicamente. Esta moción irá incluída no pleno que se celebrará o próximo venres.

Actualmente, o Goberno nomeará ao Tribunal examinador ó efecto da convocatoria de dúas prazas de laborais fixas en Punxín. Para Compromiso por Galicia, que un membro do goberno opte a esta oferta prexudica á democracia e á veciñanza.

HIPER MASIDE

O voceiro tamén se referiu ó tratado no último pleno, no que o goberno votou en contra de renovar o contrato para que os veciños de Vilela puidesen contar ca casa reitoral como local social, como o viñan facendo. Para Eladio Fernández a solución está en redactar un novo contrato, xa que as cláusulas do rexeitado eran abusivas.