A alcaldesa de Ramirás corta a luz pública en catro aldeas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • A rexedora, Isabel Gil (PSOE), nin informou a veciñanza nin no pleno municipal.
  • O BNG de Ramirás exixe a inmediata reposición do servizo a uns veciños que pagan as taxas municipais como calquera outros.

As aldeas de Pereira, A Finca, Vilaboa de Rubiás e Xandente, no concello de Ramirás, así como outros puntos en distintos núcleos, están sen iluminación pública desde hai uns días por decisión da alcaldesa, Isabel Gil (PSOE).

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Diante das queixas de veciñas e veciños afectados, e para corrixir a imprudencia da alcaldesa, o BNG exixe a inmediata reposición do servizo e que de ningunha maneira se dea de baixa eses puntos de luz, dado o grave prexuízo que poida orixinar no futuro para a reposición dos mesmos. 

Nunha moción que se rexistrará hoxe, as nacionalistas advirten que desde a Alcaldía “emprendeuse nas últimas semanas unha campaña de eliminación de puntos de luz en varios núcleos de poboación, campaña totalmente inxustificada e intolerable. Tódolos días chegan novas acerca dun novo núcleo que viu reducido o número de puntos de luz, ou que no peor dos casos, se viu privado do cen por cen de puntos de iluminación”.

O BNG lembra que as veciñas e veciños afectados pagan os seus impostos municipais, entre eles o IBI, e teñen dereito a recibir determinados servizos, con independencia do uso que cada quen faga da súa vivenda.

Na súa iniciativa, as nacionalistas piden que o goberno municipal “dea cumprida información ao pleno acerca dos puntos de luz que xa foron eliminados, e deses outros que está previsto eliminar”, e propón que se o que se pretende é un aforro enerxético “se substitúan as lámpadas por outras de tipo LED”.