O conservatorio abrirá nos próximos días a inscrición para o vindeiro curso

IES CHAMOSO LAMAS

A Escola Municipal de Música do Carballiño abrirá próximamente o prazo de matrícula para un novo curso. Os instrumentos nos que os máis pequenos poderán aprender serán canto, clarinete, frauta, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, trombón, trompa, tuba, violín e viola.

A xornada de portas abertas será o día 7 de xuño, das 17:00 horas ata as 20:00 horas. A inscrición para as probas de acceso estará aberta dende o 1 ó 10 de xuño e a formalización da matrícula, dende o 27 de xuño ó 8 de xullo.

HIPER MASIDE