O IES O Ribeiro asina un convenio de colaboración ca asociación Olivarnoia

IES CHAMOSO LAMAS

No día de onte firmouse o Convenio de Colaboración entre a Asociación Olivarnoia e o IES O Ribeiro, co propósito de que o alumnado de Ciclo Medio de Aceites e Viños poda realizar prácticas de elaboración de aceites de oliva e tamén de olivicultura.

Cada vez hai más zonas de cultivo de olivo en Galicia, destacando o sur de Ourense e
Pontevedra e puntos da Provincia de Lugo. A parte de poñer en producción terreos ermos e abandoados, as iniciativas de asociacións coma Olivarnoia, Comunidades de Montes e
empresas dan impulso a unha actividade económica emerxente que permite a creación de postos de traballo no rural. Por isto faise imprescindible a obtención de mao de obra
cualificada grazas a este tipo de colaboracións, reforzando así a formación do alumnado.

HIPER MASIDE