O Novo Cine de Leiro proxectará tres filmes esta fin de semana

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso ofrecen tres filmes, recentemente estreados. Por unha banda, a nova secuela de “Downton Abbey, unha nueva era”, que se poderá ver mañá venres e o domingo ás 18:15 horas e ás 16:00 horas o sábado.
Por outra banda, “Escribir lo imposible”. Juan Tallón (Vilardevós, Ourense 1975) pasa todo o día escribindo, sobre todo cando non escribe. En 2020, dúas semanas antes do confinamento, presentou ‘Rewind’, un libro ambientado en Lyon sobre a fraxilidade da vida, os golpes inesperados e as cousas que se perden para sempre. Este documental conta a historia do proceso de creación de ‘Rewind’. Poderase ver o sábado ás 20:30 horas.
Por último, a nova entrega de “Top Gun”, protagonizada por Tom Cruise”. Poderase ver o venres e o luns e xoves próximos ás 20:30 horas; o sábado ás 18:15 horas e o domingo ás 16:00 horas e ás 20:30 horas.