O concello anuncia unha ampla variedade cultural para este mes de xuño

O concello do Carballiño, dende a súa área de cultura, anunciou a programación para este mes de xuño. Para as próximas semanas haberá música cas audicións do conservatorio, teatro, as actividades aprazadas polo Día do Medio Ambiente ou danza. Haberá un concerto infantil ca “Gramola gominola” e animación para o día de feira.

TEATRO AFECCIONADO

AVANTAR ACTIVIDADES

Este sábado bótase a andar o Circuíto Galego de Teatro Amador do Carballiño, posto a andar a nivel autonómico pola Federación Galega de Teatro afeccionado e organizado no Carballiño por Tiruleque, Grupo de Teatro. O sábado 4 de xuño BALNEARIO A CONDESIÑA do grupo Fontevella de O Porriño. Todas as representación serán no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 20 horas. Na comedia deste sábado amósanse unha serie de personaxes, que co gallo de acudir ao balneario farannos ver os seus amores, alegrías e tristuras.

ROTEIRO URBANO

E o domingo día 5, o roteiro urbano guiado organizado polo Centro de Estudos Chamoso Lamas, dende as 10:00 horas ata as 13:30 horas, con saída dende o Asilo Irmáns Prieto. Nesta ocasión, a entidade fará unha viaxe polos lugares do centro da vila senlleiros e destacados en obras literarias, e tamén polas persoaxes que destacaron neste eido. Estes roteiros guiados, nos que os participantes contan cunha explicación detallada, contan sempre con moito éxito de participación.

PARA A PRÓXIMA SEMANA

  • AUDICIÓN DE PIANO. Conservatorio e Escola de Música do Carballiño. Mércores, 8 ás 18:00. Auditorio Manuel María
  • SANTA PITA. Mostra fin de curso da Escola Municipal de Teatro. Xoves, 9 ás 20:15. Auditorio Manuel María
  • ACTIVIDADES DE MEDIOAMBIENTE. Obradoiro de refuxio de insectos polinizadores / Plantación de aromáticas / Xogos medioambientais. Venres, 10 de 17:00 a 20:00. Alameda
  • CONCERTO FIN DE CURSO. Conservatorio e Escola de Música. Sábado, 11 ás 19:00. Praza da Veracruz
  • VÍDEO MUSICA AWARDS-PERFORMERS. Mostra fin de curso da Escola Municipal de DanzA. Domingo, 12 ás 18:30. Auditorio Manuel María