O concello de Piñor abre o prazo de apertura das inscricións para o programa de conciliación de verán

O Concello de Piñor informa da posta en marcha do PROGRAMA DE ACTIVIDADES INFANTÍS DO VERÁN 2022: PIÑOR CONCILIA “DIVERVERÁN”, unha alternativa para a conciliación da vida familiar e laboral que consiste en actividades diarias para cativos de 4 a 13 anos de idade, estando previsto que se desenvolvan dende o 23 de xuño ó 2 de setembro, de luns a venres de 10:00h a 14:00h no Centro Social, onde nenos e nenas poderán desfrutar de talleres e xogos moi variados.

Dende o 23 ó 30 de xuño os cativos desfrutarán da SEMANA DA IGUALDADE NA CIENCIA, actividades vinculadas ó Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, mentres que a partir do 1 de xullo dará comezo a programación de actividades de PIÑOR CONCILIA DIVERVERÁN, con obradoiros moi variados.

AVANTAR ACTIVIDADES

O período de inscrición estará aberto dende o luns 13 de xuño ata o venres 17, e haberá prazas limitadas, que serán adxudicadas seguindo as seguintes Bases de inscrición (aprobadas por Resolución de alcaldía do 30/05/2022):

QUENDAS DISPOÑIBLESTEMPORALIZACIÓN
1ª QUENDADo 23/06/2022 ó 01/07/2022
2ª QUENDADo 04/07/2022 ó 15/07/2022
3ª QUENDADo 18/07/2022 ó 29/07/2022
4ª QUENDADo 01/08/2022 ó 12/08/2022
5ª QUENDADo 16 ó 26 de agosto.
6ª QUENDADo 29 de agosto ó 2 de setembro.

) Familias con renda baixa: familias inscritas no Rexistro Municipal de Familias con Poucos Recursos Económicos (realizarase a comprobación internamente) ou cun informe dos Servizos Sociais do seu concello de residencia que indique situación de risco por factores económicos. Puntuación: 3 puntos

2º) Familias numerosas, monoparentais e vítimas de violencia de xénero. Os documentos válidos para acreditar ditas circunstancias serían: familias numerosas (copia cotexada do Título de Familia Numerosa da Xunta de Galicia), familias monoparentais (copia cotexada do Certificado de Familia Monoparental da Xunta de Galicia), situación de vítima de violencia de xénero (informe dos Servizos Sociais). Puntuación: 2 puntos.

) Necesidade de conciliación da vida familiar e laboral debido a que ambos/as proxenitores traballan: copia cotexada do Libro de Familia e vida laboral de ambos proxenitores (ou de un, no caso de familias monoparentais). Puntuación: 1 punto