O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso trae o último filme que pechará a saga de “Jurassic World”. Catro anos despois da destrución de Illa Nublar, os dinosauros agora viven xuntos -e cazan- con humanos en todo o mundo. Este fráxil equilibrio remodelará o futuro e determinará, dunha vez por todas, se os humanos seguirán sendo depredadores ápices nun planeta que comparten cos animais máis temibles da creación.
Poderase ver o sábado, domingo, luns e xoves, ás 17:00 horas e ás 20:00 horas.