O autobús de doazón de sangue estará mañá en Castrelo de Miño

O autobús móbil da Unidade de Doazón de Sangue desprazarase na xornada de mañá xoves ata Castrelo de Miño. En horario de mañá, dende as 10:00 horas ata as 12:00 horas estará fronte o centro de saúde, e dende as 12:30 horas ata as 14:00 horas, estará diante do Club Náutico.

Lembramos a importancia que ten a doazón de sangue, para poder atender a demanda e necesidade dos hospitais, xa que as reservas están ao límite.

AVANTAR ACTIVIDADES

Recordamos que pode acudir calquera persoa con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non ter unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pesar máis de 50 quilos e non estar tomando medicamentos.