O BNG denuncia no Parlamento a actuación da Xunta prevista na calzada do Casco Histórico de Maceda

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Tabarés demanda modificar o proxecto para que a capa superior sexa de lastros, acondicionando os actuais e colocándoos de novo, e que non sexan substituídos por un pavimento de formigón.

O Deputado do BNG, Iago Tabarés, ven de rexistrar no Parlamento de Galiza unha inciativa para denunciar a destrución de valor patrimonial da calzada do Casco Histórico de Maceda cunha actuación proxectada pola Xunta de Galiza, que non atende nin ao informe do departamento de patrimonio Cultural  para o acondicionamento e mellora viaria da zona, de grande valor patrimonial e protexido polo Plan de Urbanismo do Concello.

 “Esta é unha intervención nun espazo de gran valor histórico sen que que conste a existencia de informe favorable do Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galiza”, sinal  o deputado do BNG, e o informe que existe indica que “ ten que ser revisado o criterio xeral de intervención na rúas (Aureliano Ferreiro e As Cateiras)”

Tabarés demandou modificar o Proxecto de remodelación das rúas Aureliano Ferreiro e As Canteiras para que a capa superior da plataforma sexa fundamentalmente de lastros, acondicionando os actuais e colocándoos de novo, e sen prexuízo da utilización complementaria, no que poda ser compatible, coa utilización tamén de outros materiais.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Tal intervención supón admais da perda de valor histórico, pola demolición dos pavimentos de lastros e lousas de pedra actuais por pavimento de formigón, unha priorización do vehículo a motor sobre o peón,  “pois non ofrece moita dúbida que tal actuación vai permitir aos vehículos circular a unha maior velocidade por unhas zonas no que o transito peonil é frecuente e que deberían acondicionarse para que o fose máis.”

Tal intervención debería perseguir a humanización, valorización e conservación do casco histórico de Maceda e a seguridade viaria , e non exclusivamente na circulación de vehículos a motor polo centro do núcleo urbano.

 Neste senso o deputado do BNG esixiu á Xunta realizar, en coordinación co Concello de Maceda, un estudo para a posta en funcionamento dunha circunvalación que conecte as cinco principais vías de entrada e saída da vila para reducir a circulación polo centro urbano.

Un proxecto incompleto: non soluciona as necesidades demandadas pola veciñanza.

O proxecto adxudicado pola Xunta de Galiza sobre a “Capa de rodadura e reparación de beirarrúas en OU-104 (Maceda, P.Q. 5+370-5+980) e mellora da accesibilidade na OU-101 e OU-103”, adxudicado o día 15 de febreiro de 2022 por un importe superior ao medio millón de euros, en concreto, por 521.957,83€,  non se contempla a realización de actuación algunha para solucionar as deficiencias que presenta a rede de abastecemento de auga e a de saneamento de augas residuais sobre as que xa van case 40 anos da última actuación para a súa conservación. 

Ante isto Tabarés tamén demandou no parlamento realizar, antes de construír a nova plataforma, as obras de infraestrutura necesarias para solucionar definitivamente as deficiencias que a día de hoxe hai no servizo de subministro de  auga potable, recollida de augas pluviais e residuais, cableado, etc. polo que é necesario unha nova canalización da subministración de auga potable, nova recollida de augas residuais e pluviais, canalizacións para o servizo de electricidade, fibra óptica e gas, para evitar obras de reparación e de instalación de novos servizos nos vindeiros anos.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------