En Boborás: Contratación temporal de cinco persoas para a brigada de prevención e defensa contra incendios

A Alcaldía, mediante Resolución do día 15 de xuño de 2022, aprobou as bases polas que se rexera o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a cinco persoas para a brigada de prevención e defensa contra incendios (un xefe de brigada, un peón condutor e tres peóns) por un período de tres meses.

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do concello de 9:00 a 14:00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

AVANTAR ACTIVIDADES


As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público nas oficinas municipais, na sede electrónica do Concello (boboras.sedelectronica.es) así como na páxina web (www.boboras.gal).