Leiro celebrou as festas patronais do San Pedro, xa en formato tradicional

IES CHAMOSO LAMAS

O municipio de Leiro celebrou onte e hoxe as súas festas patronais do San Pedro, co seu día grande hoxe. Nesta ocasión, logo da pandemia, xa se puideron celebrar ó completo, co formato tradicional. Pola mañá, pasarrúas acompañado da banda Agrupación Musical da Limia. Ás 12:30 horas tivo lugar a misa solemne con procesión, seguida, unha hora máis tarde do concerto da banda no campo da festa, onde tamén se instalou unha pulpeira.

E para rematar a xornada, verbena amenizada a cargo da orquestra el Combo Dominicano, para a que aínda están a tempo de chegar, seguida de euphoria Disco Show.

HIPER MASIDE

Había moitas gañas de festa, e de poder recuperar as tradicións despois de dous anos nos que as celebracións estiveron canceladas ou reducidas. Ademais, para rematar esta semana, o domingo terá lugar a carreira popular de Leiro, un evento senlleiro e que conta cun récord de participación.