O trofeo Terras do Orcellón de patinaxe volve este domingo ó Paco Chao con 294 participantes

IES CHAMOSO LAMAS

Tres anos e unha pandemia despois, volve o Trofeo Terras do Orcellón de patinaxe artística na modalidade de grupos show. A cita, que se celebra o vindeiro domingo 3 de xullo no pavillón Paco Chao do Carballiño conta coa participación de 294 patinadoras/es pertencentes a 18 clubs que tomarán parte en cinco categorías diferentes ao longo da xornada: grupos pequenos de Primeira e Segunda Categoría, grupos grandes de Segunda, Cuartetos e júniors.

Ademáis da cantidade, destaca tamén a calidade. Como cabeza de cartel aparece o CPA Gondomar, subcampión de España e campión galego ca súa coreografía <Las Kaneri>. O club de Gondomar, que no 2019 proclamouse subcampión do mundo da especialidade, participará a mediados do mes de xullo no Campionato de Europa en Italia logo de obter unha das plazas en xogo no Campionato de España.

HIPER MASIDE

O Gondomar terá na cita carballiñesa un segundo campión galego, neste caso a súa coreografía <El Huésped>, que gañou o campionato de grupos grandes de segunda categoría. O Arealonga Chapela, en grupos pequenos de segunda con <Proyecto Abigail>, e o Patin Axel con <Evil>, en cuartetos, son outros dos equipos que subiron ao máis alto do podio no certamen autonómico que se darán cita no Paco Chao.

A organización do evento corresponde ao Club Aehde O Carballiño, que quince días atrás proclamouse no mesmo escenario subcampeón galego de grupos pequenos de segunda categoría co seu <Gulaj 113> e que nesta ocasión intentará repetir podio. O CD Ourela será o outro representante ourensán nunha cita que terá entrada libre e que será transmitida en directo pola canle de YouTube do Club Aehde O Carballiño.