O Alcalde de Arnoia reúnese coa Consellería de Sanidade para desbloquear a paralización da obra do Centro de Saúde

A obra do novo Centro de Saúde de Arnoia viuse paralizada pola quebra da
empresa adxudicataria.
● A finais deste mes de xullo volverase a licitar a obra e no mes de
decembro estarán reanudados os traballos.
● A inversión na reforma do consultorio ascende a 100.000€.

O pasado venres, o alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, mantivo unha
reunión coa Directora de Recursos Económicos do Servizo Galego de
Saúde, María Jesús Piñeiro.
O obxectivo desta xuntaza foi avaliar a situación da obra do novo Centro
de Saúde de Arnoia, paralizada pola quebra da empresa adxudicataria.
Ambas administracións queren axilizar a continuidade da súa reforma.
Dende a Dirección de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde
informouse ao Alcalde da situación actual da obra.
Prevese iniciar os novos trámites de licitación a finales de xullo
Rematados os prazos oportunos para dar audiencia á empresa quebrada,
a partir de agora, vaise facer unha nova valoración das obras tanto as xa
realizadas como as pendentes, facendo un novo orzamento con prezos á
alza. O obxectivo é que a finais deste mes de xullo volvan a licitala e se
volvan a presentar empresas para executar o proxecto.
A intención da Consellería de Sanidade é que no mes de decembro se
poidan reanudar as obras xa cunha nova empresa.
Por outra banda, Rodrigo Aparacio entende a situación, que se trata dun
caso delicado e pouco habitual, pero esixe que se procuren axilizar os
prazos para non demorar moito máis esta situación.
Por parte da Consellería, agradécese o esforzo que está a facer o Concello
ao ter dotado aos usuarios do Centro de Saúde dun local perfectamente
acondicionado para que poidan levar a cabo as súas funcións, tanto a
enfermeira, como a médica, mentres as obras non estean rematadas.
A inversión no Centro de Saúde ascede aos 100.000€
De inicio, a inversión prevista no Centro de Saúde de Arnoia rondaba os
90.000€, coas obras xa realizadas por a empresa que abandonou o
proxecto, máis a novas valoracións que se van facer á alza. Debido ao
importante incremento de prezos dos últimos meses, dita inversión
superará previsiblemente os 100.000€.
O alcalde trasmitiulle á Consellería que estará pendente do novo proceso
para que non se produzacan mais demoras.

AVANTAR ACTIVIDADES