O conselleiro do medio rural destaca a importancia alimentaria e económica do pan de Cea na festa de exaltación deste produto

IES CHAMOSO LAMAS

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu este mediodía á XXIX Festa do Pan de Cea, na que reivindicou o papel deste alimento na dieta e na economía local e galega.

O conselleiro puxo en valor que o pan de Cea, que conta coa súa propia Indicación Xeográfica Protexida, xerou no ano 2021 un valor económico estimado superior aos 1,1 millóns de euros e unha produción certificada de máis de 400 toneladas.

HIPER MASIDE