O Club Aehde de patinaxe remata en segunda posición no II Trofeo Terras do Orcellón

O Club de Patinaxe Aehde sumou o seu terceiro podio da tempada en grupos show noutros tantos torneos ao rematar na segunda posición, en grupos pequenos de segunda categoría, no II Trofeo Terras do Orcellón, cita na que era o anfitrión  nunha cita onde o gran protagonista foi o CPA Gondomar ca súa coreografía <Las Kaneri>, que a menos dunha semana de afrontar o Campionato de Europa en Italia puxo patas arriba o pavillón Paco Chao ca súa posta en escena, que obtivo a mellor puntuación dos 30 grupos participantes: 57,2.

O Gondomar impúxose na Primeira categoría de grupos pequenos por dediante duns estupendos Axel e Brion, e tamén gañou en grupos grandes de segunda categoría con <El Huesped>, co Ourela e o Patín Noia completando o podio.

AVANTAR ACTIVIDADES

En grupos pequenos o triunfo foi para o Arealonga Chapela ca súa coreografía <Proyecto Abigail>. O campión galego da categoría impuxose con 49,3 puntos por diante do Aehde e do Ourela, que completaron o caixón.

Nos cuartetos, o Axel, campión galego a categoría impúxose ca súa coreografía <Evil> e nunha atractiva competición ao Brión e o Patín Oroso, club que repetiu en  categoría júnior.

O evento celebrado en O Carballiño reuniu a preto de 300 patinadoras e Paco Chao rexistrou unha excelente entrada ao longo de toda unha tarde que significou a recuperación do trofeo de patinaxe artística na modalidade de grupos show de O Carballiño.