Este sábado volve o Trail Pedriña 4×4, en xornada completa, con moitas novidades

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este sábado 9 de xullo terá lugar o Campionato Galego Trial 4×4 na Pedriña, O Irixo, competición federada que nos deixa cada ano unhas imaxes que deixan sen respiración. No pasado mes de novembro non se puido celebrar, polo que agora volven con máis
forza.

A proba durará toda a xornada do sábado, con competición de mañá e de tarde. Ás 09:00h será o brifieng de pilotos e copilotos; ás 10:00h, a apertura de zonas, que pecharán ó remate das probas da mañá, ás 14:00h e voltarán abrir ás 16:00h para as
probas da tarde. Ás 21:00h está prevista a entrega de premios.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este ano haberá moitas novidades, tanto nos circuítos coma no evento en sí, coma un espazo habilitado para poder xantar no recinto.